Catálogo de petroglifos por teléfono V
COSTAS GOBERNA, Fernando Javier e
HIDALGO CUÑARRO, José Manuel (1999)
"Grabados rupestres galaicos: Panorama actual", 
en "Revista de Arqueología", nº217
1. Cérvido de "Outerio Cogoludo" 
(Campo Lameiro, Pontevedra)
Este fermoso exemplar representa o cervo clásico doVal do Lérez.
2. Sen duda ningunha, o grupo I de "Auga da Laxe" en Vincios (Gondomar, Pontevedra) localizado nos primeiros anos da década dos oitenta, é o panel máis espectacular con representacións de armas do Grupo Galaico de Arte Rupestre.
3. Neste detalle do panel de "A Mámoa" de Priegue (Nigrán, Pontevedra) do Val Miñor apréciase a fermosa sinxeleza do xeométrico no Grupo Galaico de Arte Rupestre.
4. Os grabados de "Pedra da Bouza" en Tiñán (Boiro, A Coruña), unha das superficies localizadas nos últimos anos nas marxes da Ría de Arousa.
5. O grabado con 18 círculos concéntricos do "Monte Tetón" de Tebra (Tomiño, Pontevedra) constitúe cos seus 250 cm de diámetro unha das mías espectaculares representacións dos petroglifos galegos.
6. No "Coto Barcelos" de Mougás (Oia, Pontevedra), localizado nos primeiros anos da década dos noventa, o entramado curvilíneo está máis cerca das composicións rexistradas no interior das cámaras megalíticas bretonas que dos grabados ó aire libre do Noroeste da peninsula Ibérica.
7. O laberinto de "Pena Escrita" en Burgueira (Oia, Pontevedra), pertence tamén ás localizacións dos anos noventa. Constitúe ata a fecha, cos seus 110 cm de diámetro, o laberinto de maiores dimensións dos coñecidos en Galicia. Obsérvase a superposición de cruces de tempos históricos sobre os surcos que o definen.
8. Cuadúpedo en "Auga dos Cebros" (Oia, Pontevedra). O seu deseño é moi novedoso dentro do coñecido ata a fecha no Grupo Galaico de Arte Rupestre.
9. As representacións de armas de "Pedra Ancha" en Buxantes (Dumbría, A Coruña) son, polo de agora, as máis septentrionais da costa galega.
10. Entre as últimas localizacións efectuadas en Rianxo (A Coruña) sobresae esta composición a base de cuadrúpedos, cunha disposición non exenta de xeometrismo.
11. Figura humana e cérvidos de "Nabal de Martiño" en Tourón (Pontecaldelas, Pontevedra).
12. Estacións como a de "Chan de Lamas-Catasoles" (Mondariz, Pontevedra), localizada recentemente, veñen a sumarse ó numeroso grupo de superficies con grabados prehistóricos onde os círculos son o elemento dominante. É nas combinacións circulares onde os puntos de similitude co grupo de petroglifos das Illas Británicas alcanzan o seu maior nivel.
13. Detalle da "Pedra das Ferraduras" en Fentáns (Cotobade, Pontevedra). Dende a súa localización é sen dúbida o panel de grabados rupestres mías representativo do Grupo Galaico de Arte Rupestre dada a presencia de diferentes elementos do repertorio iconográfico qu econfiguran unha máis que interesante escenificación de actividades que denominamos de "prestixio social"
14. Paneles como este de "Parada de Novás" (O Rosal, Pontevedra) corresponden claramente a grabacións realizadas en periodos históricos. Probablemente estamos diante de superficies con carácter delimitador de territorio que reflexan a cristianización do lugar.
15. Taboeiro de xogo de alquerque de IX ó aire libre en "A Portela" (Oia, Pontevedra).
16. Axedrezado en "As Abeas" (Baiona, Pontevedra) que podería corresponder a un taboleiro de xogo.
17. O panel de cérvidos de "Chan do Rei" en Marzán (O Rosal, Pontevedra) é unha das escasas superficies con esta temática no sur da provincia de Pontevedra. É evidente o deterioro causado pola acción do lume (incendios forestais).
Máis petroglifos por teléfono