portada federación ecoloxista galega campañas documentos participa e colabora contacta con nos
 


A protección dos bosques de ribeira é de enorme importancia para a conservación da nosa diversidade biolóxica. Foto: Xacobe Meléndrez



A construcción de minicentrais hidroeléctricas constitúe unha grave ameaza para os ríos galegos.


A rede fluvial galega, malia ter sido obxecto de importantes agresións, aínda é unha das máis valiosas de Europa. Foto: Xacobe Meléndrez
 

Ríos para a vida.

A densa rede fluvial do noso país posúe un notábel interese natural, sendo unha das máis valiosas de Europa. Porén, durante as últimas décadas sofreu innumerábeis agresións: contaminación, destrucción de bosques autóctonos de ribeira, construcción de grandes encoros e minicentrais, pesca abusiva, canalizacións, introducción de especies piscícolas alóctonas, etc. Os nosos ríos teñen cada vez menos vida.

O preocupante proceso de deterioración dos ríos galegos avanza. Cómpre que os poderes públicos aumenten os investimentos destinados á mellora do medio fluvial e corrixan todas aquelas políticas sectoriais que inciden negativamente sobre os ríos (hidrolóxica, enerxética, forestal,...).

O obxectivo da campaña “Ríos para a vida” é contribuír á mellora do estado de conservación dos nosos ríos. Abrangue a distribución de carteis e trípticos, a realización de charlas, limpezas dos ríos, plantacións de árbores autóctonas e a organización dunhas xornadas sobre os ríos galegos (Santiago, 29 e 30 de abril de 2000).

A FEG e as asociacións que a forman rexeitan e denuncian habitualmente numerosas agresións ao noso medio fluvial: minicentrais, encoros, vertidos de augas residuais, talas do bosque de ribeira, canalizacións,....

A FEG defende un maior esforzo na prevención e control da contaminación fluvial, unha nova política hidrolóxica que promova o aforro e a mellora da eficiencia na utilización da auga, o rexeitamento de todos os novos encoros hidroeléctricos (Galiza xa produce a cuarta parte da enerxía hidroeléctrica española), o ordenamento adecuado da instalación de minicentrais, o mantemento de réximes de caudais ecolóxicos mínimos en tramos obxecto de aproveitamentos hidroeléctricos, a conservación dos bosques de ribeira e a xestión sustentábel da pesca fluvial.

Conxuntamente coa Federación Galega de Pesca Fluvial, a FEG elaborou o documento Ríos para a vida, con propostas dirixidas ás Administracións para a conservación e o uso sustentábel dos ríos.


Os ríos son moito máis que canles de
auga, son ecosistemas vivos.

 



Canal de noticias sobre o medio ambiente galego, ibérico e global xestionado pola FEG



CAMPAÑAS
 


Os bosques da terra.

Os bosques autóctonos son os propios de Galicia e os máis ricos en fauna e flora.

Compostaxe. Unha alternativa necesaria.
A transformación da materia orgánica do lixo en abono é viábel e necesaria.

Ríos para a vida. Campaña de mellora do estado de conservación dos nosos ríos.

Consumo responsábel. Actividades destinadas a fomentar hábitos ambientalmente adecuados.

Alimentos transxénicos.
Son necesarios a día de hoxe os alimentos transxénicos?

Oceanos, un patrimonio a defender.
Debemos conservar os fráxeis e ameazados ecosistemas mariños.

 

 

 



  © FEG.