|
ECOLOXISMO NA VIDA COTIÁ
|
| |
As accións da nosa vida cotiá inciden no
medio ambiente.
Cómpre sermos conscientes das repercusións
ambientais da nosa conducta diaria e actuarmos responsabelmente.
Aquí tes algunhas suxerencias
para que o noso estilo de vida sexa menos destructivo para
o ambiente do que dependemos.

|
| CONVOCATORIAS |
| |
Infórmate sobre convocatorias de interese ambiental
(mobilizacións, conferencias, cursos, roteiros, concursos,
exposicións,...) na AXENDA
DO CANAL VERDE.
|
| LISTA
DE DISTRIBUCIÓN |
| |
ISe desexas recibir de vez en cando avisos ou informacións
da FEG, envíanos o teu enderezo de correo electrónico e
incluirémolo na nosa lista de
distribución.
|
| LIGAZÓNS |
| |
IVisita as webs recomendadas
pola FEG:
- Organiz. ambientalistas galegas.
- Plataformas e coord. galegas de defensa ambiental.
- Organiz. ambientalistas ibéricas.
- Organiz. ambientalistas internacionais.
- Revistas e boletíns.
- Natureza galega.
- Campañas.
- Institucións.
- Institutos de investigación.
- Varios.
- Clicks solidarios.
- Directorios.
- Software en galego.
|
|
| |
Participa!
Se consideras positivo o labor da FEG
e do conxunto das asociacións ecoloxistas, podes apoialo
facéndote colaborador económico da FEG ou asociándote
a algún dos grupos que
a forman.
O teu apoio é moi importante. Daranos máis forza
e permitiranos traballar máis e mellor en defensa do
medio ambiente galego e global. Coa túa axuda, o noso
traballo será máis intenso e eficaz.
Se queres colaborar economicamente coa FEG, envíanos
o seguinte formulario. Recibirás
de regalo un exemplar da Guía ambientalista.
| Denuncias ambientais |
 |
Naqueles casos nos que teñamos
coñecemento da infracción dunha norma de Dereito
Ambiental debemos formular con celeridade unha denuncia.
Esta non é máis que a posta en coñecemento
dunha autoridade da comisión duns feitos para que se
investiguen e se adopten as medidas oportunas.
A autoridade que reciba a denuncia ten o deber de investigar
minimamente os feitos denunciados - agás que estes
non sexan pertinentes -, debendo manter informado ao/a autor/a
da denuncia dos trámites e pasos que siga a investigación
unha vez iniciada. Se non recibimos información, debemos
reclamala.
As denuncias teñen que contar cuns datos mínimos:
a identificación completa do denunciante (aínda
que pode ser anónima), suxeito infractor (se se coñece),
os feitos denunciados, lugar, data e sinatura.
Existen dous tipos básicos de denuncia, a denuncia
penal e a denuncia administrativa.
Tamén podemos presentar unha queixa
ao Valedor do Pobo.
|
Activismo na Internet
|
 |
Desde a Internet tamén podes colaborar
activamente na defensa do medio ambiente.
Suxerísmosche tres opcións:
1) Envíares estas mensaxes:
- Pola reciclaxe e a compostaxe.
- Non aos parques eólicos
e ás minicentrais en espazos naturais.
- En defensa dos montes.
2) Divulgares a nosa web entre os teus coñecidos e
amizades.
3) Faceres unha ligazón á nosa páxina
desde a túa persoal ou desde a dunha asociacións
á que pertenzas.
|
|

| DOAZÓNS |
| |
Un dos xeitos de apoiares o labor da FEG e das asociacións
que a forman é facéndonos algunha doazón.
1) Doazón económica. Pódela facer mediante xiro postal,
talón ou ingreso ou transferencia na nosa conta
(Caixanova: 2080 0492 69 0040104336).
2) Doazóns de libros, vídeos ou CD-Roms ambientais, material
informático, material de oficina,...
FEG. Aptdo. 949. 15780 Santiago de Compostela.
|
| CONTACTA
CONNOSCO |
| |
Se desexas algunha información, informarnos dunha agresión
ambiental ou facernos algunha suxerencia ou crítica,
escríbenos un correo
ou cubre este formulario.
|
|