|
Oceanos, un patrimonio a defender.
Os oceanos xogan un papel moi importante na
regulación do clima e albergan un 80% da diversidade
biolóxica do planeta, aínda sen descobrir en
grande medida. Moitas actividades económicas dependen
dos mares. 500 millóns de persoas viven en todo o mundo
gracias ás diversas actividades ligadas aos mares.
Galicia, con 1.700 quilómetros de costa,
é un país moi vinculado ao mar. O sector pesqueiro
e marisqueiro ten unha grande importancia na nosa economía.
A actividade turística concéntrase no litoral
durante o verán. Por mar emigraron a América
centos de miles de galegos e galegas na procura de mellores
condicións de vida.
Esta campaña procura aumentar a conciencia
da sociedade galega sobre a necesidade de conservar os fráxeis
e ameazados ecosistemas mariños. Cómpre asumirmos
que os recursos oceánicos deben ser usados de xeito
ecoloxicamente sustentábel e entendermos que a capacidade
dos mares para asimilar os impactos ambientais é limitado.
A deterioración dos oceanos é
un feito cada vez máis preocupante e ameaza seriamente
o benestar da especie humana. As causas de degradación
dos mares son a contaminación, a sobreexplotación
pesqueira, a alteración do medio físico e a
introducción de especies alóctonas.

O vertido de lixo desde terra e desde
os barcos
é unha das causas de degradación do medio mariño.
|