A FEG SOLIDARÍZASE CON ANXO MOURE

Considera brutal e inxustificada a actuación policial

 

A Federación Ecoloxista Galega (FEG), formada por 25 asociacións de defensa ambiental, expresa o seu apoio a Anxo Moure, ecoloxista da asociación do val de Lemos XEVALE, perante a agresión física e ao seu dereito á liberdade de expresión de que foi obxecto onte en Chantada por parte da policía e da Garda Civil durante unha visita de Manuel Fraga. A actuación policial foi brutal e inxustificada e constitúe un exemplo máis do momento de regresión nas liberdades públicas que estamos a sufrir por causa do autoritarismo dos gobernos do Partido Popular.

Resulta moi triste que unha persoa, de forma pacífica e silenciosa, sen recorrer ao insulto, por se manifestar a favor da paz e do desarme (portaba unha cartolina co lema “Adeus ás armas”), sexa agredida polas forzas de seguridade do Estado.

A FEG esixe que se retiren os cargos contra Anxo Moure e se investigue a actuación dos policías e gardas civís que o reprimiron.

 

Páxina Principal da FEG

Voltar a notas de prensa