NOVAS NOTAS DE PRENSA
 

Unha marea gris ameaza o medio ambiente galego

Demandan respecto aos hábitats costeiros

Ambientalistas de toda europa solidarízanse con galicia perante a catástrofe do prestige

Impacto do verquido de fuel do buque Prestige nas Illas Sisargas

A comisaria europea do ambiente acepta a solicitude dun tratamento especial ós sitios da rede natura 2000

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) viaxa a Bruxelas para defender a costa galega

OS DANOS COLATERAIS DO "PRESTIGE"

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) expoñen a Matas queixas e demandas en relación co Prestige

Agochouse o lixo debaixo da alfombra

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) denuncia a indefensión das costas galegas fronte ó tráfico de mercadorías perigosas

Os ambientalistas galegos unen esforzos para evitar outro Prestige

Informes da FEG de seguemento da catástrofe do Prestige

Posicinamento da FEG


Podes atopar todas as notas de prensa da FEG nesta páxina.

Boletín informativo cuadrimestral en formato pdf con artigos sobre variados asuntos ambientais e actividades ecoloxistas.
Terranº1
Terra nº2
Terra nº3
Terra nº4
Terra nº5
Terra nº6

Terranº7
Terra nº8
Terra nº9
Terra nº10
Terra nº11

Adobe Acrobat Reader È preciso para ler os documentos .PDF

 

ABONDA XA!

A catástrofe ocasionada polo Prestige é o resultado da cobiza sen límites de empresas que transportan mercadorías perigosas en barcos obsoletos e inseguros e da irresponsabilidade e incompetencia de autoridades que non se preocuparon por garantir adecuadamente o control do tráfico marítimo fronte ás nosas costas e non prepararon un plano de emerxencia para facer fronte a unha marea negra.

A sociedade galega non debe permitir que un desastre como o do Prestige volva acontecer. Ao mesmo tempo que se intensifican e se organizan moito mellor os labores de limpeza e de contención da marea negra, é preciso esixirmos con enerxía medidas efectivas de prevención de accidentes de buques con mercadorías perigosas.

Sen embargo, non se trata só de evitar vertidos accidentais de petróleo. Tamén é urxente mellorar o control do tráfico marítimo de forma que se eviten os vertidos habituais provocados polo lavado dos tanques que, en conxunto, son aínda máis graves cós causados por accidentes.

Aínda que cunha prevención adecuada habería moitas menos mareas negras, non semella realista pensar que podemos evitar todas. Isto debe levarnos a reflexionar sobre a nosa excesiva dependencia do petróleo, tan negativa por tantos motivos.

A Federación Ecoloxista Galega (FEG), a organización máis representativa do movemento ambientalista galego, está a desenvolver un intenso traballo, na medida das súas posibilidades, para combater a catastrófica marea negra provocada polo accidente do "Prestige". O traballo da FEG, que forma parte da Plataforma Nunca máis, abrangue o plano da reivindicación, o da información e o do voluntariado.

FEG. Apartado de correos 949. 15780 Santiago
E-mail: feg@jet.es

 
Convocatorias

Infórmate sobre convocatorias de interese ambiental (mobilizacións, conferencias, cursos, roteiros, concursos, exposicións,...) na AXENDA DO CANAL VERDE.

 

 

 

 



Canal de noticias sobre o medio ambiente galego, ibérico e global xestionado pola FEG

LIGAZÓNS
 

Especial Vieiros Negra sombra do Prestige

Canal Verde

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)

Plataforma Nunca máis

Associação Nacional de Consevação da Natureza QUERCUS

WWF/Adena

Greenpeace

 

 
 




 

   


NUNCA MÁIS

  © FEG.