portada federación ecoloxista galega campañas documentos participa e colabora contacta con nos
 


O traballo das asociacións ambientalistas galegas e portuguesas contribuiu decisivamente a paralizar o encoro de Sela.

As serras do Xurés e da Peneda-Gerês conforman un dos espazos naturais luso-galaicos máis valiosos.
  Plataforma Ecoloxista
Luso-Galaica

A finais de 1994, a Asemblea de Grupos Ecoloxistas e Naturalistas da Galiza (hoxe Federación Ecoloxista Galega) e a Confederaçao Portuguesa das Associaçoes de Defesa do Ambiente (CPADA) decidiron impulsar a creación da Plataforma Ecoloxista Luso-Galaica, coa finalidade de garantir a coordenación estábel entre os movimentos asociativos ecoloxistas da Galiza e de Portugal.

Ademais das estructuras interasociativas dos dous países, participan na Plataforma varias asociacións ambientalistas, principalmente do sur da Galiza e do norte de Portugal.

Os obxectivos da Plataforma Ecoloxista Luso-Galaica son a protección especial de todos os espacios naturais transfronteirizos máis valiosos (Minho internacional, Serras do Xurés-Peneda-Gerês,...), a xestión ecoloxicamente sustentábel dos recursos hídricos das bacías comúns (Minho, Limia, Támega), o abandono de proxectos destructores do noso patrimonio natural común e a eliminación da contaminación transfronteiriza.

Entre as actividades que promoveu a Plataforma desde a súa constitución destacan varias encamiñadas a rexeitar o proxecto de encoro hidroeléctrico de Sela, altamente prexudicial para o tramo internacional do río Miño. Debido á forte presión social exercida nas dúas beiras do Miño, os gobernos español e portugués decidiron a finais de 1999 que o proxecto de encoro de Sela, promovido conxuntamente por Unión Fenosa e Electricidade de Portugal, non era ambientalmente aceptábel. A Plataforma Ecoloxista Luso-Galaica acha que o tramo final do río Miño, río no que xa hai cinco grandes encoros hidroeléctricos, debe ficar totalmente libre de aproveitamentos hidroeléctricos de calquera tipo.

 

 



Canal de noticias sobre o medio ambiente galego, ibérico e global xestionado pola FEG



Federados
 
Consulta o listado de Asociacións integradas na FEG.




  © FEG.