portada federación ecoloxista galega campañas documentos participa e colabora contacta con nos
 


O consumo responsábel mellora o medio ambiente e a nosa saúde


Máis importante que depositar as pilas nos contentores específicos é reducir o seu consumo.
 

Consumo responsábel.

A FEG e as asociacións que a forman desenvolven numerosas actividades de información e educación ambiental destinadas a fomentar entre os consumidores e consumidoras hábitos ambientalmente adecuados: charlas, folletos, guías, obradoiros, carteis,... Boa parte destas actividades céntranse no problema do lixo.

A elevada e crecente producción de lixo é un dos mellores indicadores do uso ineficiente das materias primas e a enerxía que caracteriza ao actual modelo de producción e consumo.

Como consumidores e consumidoras podemos contribuír a facer realidade a chamada estratexia dos tres erres: reducción, reutilización e reciclaxe. Por iso, a FEG promoveu unha campaña polo consumo responsábel consistente no reparto de dípticos informativos, no envío de cartóns postais a comercios e na distribución de bolsas de tea reutilizábeis para a compra.

A FEG tamén elaborou unha guía ambientalista, na que se recollen numerosas recomendacións de boas prácticas ambientais na vida cotiá. Contén suxerencias nos eidos do transporte, electricidade, alimentación, residuos, auga, limpeza doméstica, aseo persoal, comercio xusto, centros de ensino, centros de traballo e viaxes.

A guía tamén informa sobre as principais características e problemas do medio ambiente do noso país e sobre o asociacionismo ecoloxista. Asemade, explica como exercer o dereito de acceso á información en materia de medio ambiente recoñecido pola lexislación e como presentar denuncias por agresións ao ambiente.

Na Guía ambientalista da FEG acharás moitas informacións e suxerencias de interese.

Podes solicitala enviándonos 325 pts en selos de correo ao enderezo postal da FEG (Apartado de correos 949. 15780 Santiago).

 

 



Canal de noticias sobre o medio ambiente galego, ibérico e global xestionado pola FEG



CAMPAÑAS
 


Os bosques da terra.

Os bosques autóctonos son os propios de Galicia e os máis ricos en fauna e flora.

Compostaxe. Unha alternativa necesaria.
A transformación da materia orgánica do lixo en abono é viábel e necesaria.

Ríos para a vida. Campaña de mellora do estado de conservación dos nosos ríos.

Consumo responsábel. Actividades destinadas a fomentar hábitos ambientalmente adecuados.

Alimentos transxénicos.
Son necesarios a día de hoxe os alimentos transxénicos?

Oceanos, un patrimonio a defender.
Debemos conservar os fráxeis e ameazados ecosistemas mariños.

 



  © FEG.