|
Compostaxe.
Unha alternativa necesaria.
O obxectivo desta campaña é divulgar a necesidade
e a viabilidade da transformación da materia orgánica
do lixo en abono (compost), así como promover hábitos
entre os cidadáns e cidadás que contribúan
a resolver adecuadamente o problema do lixo.
A materia orgánica representa a metade
do lixo que xeramos. Está formada principalmente por
restos de alimentos. A materia orgánica dos residuos
urbanos pódese reciclar xunto con outros residuos orgánicos
(lamas de depuradoras, restos vexetais,...) mediante a compostaxe.
Existen numerosas iniciativas exitosas de compostaxe en toda
Europa.
A campaña inclúe accións
como a distribución de trípticos informativos,
a recolla de sinaturas a favor da compostaxe, a instalación
de mesas informativas na rúa ou a realización
de charlas.
A campaña pretende, por unha banda,
apoiar a implementación dos planos de xestión
do lixo baseados na compostaxe e na reciclaxe promovidos por
algúns Concellos e, por outra banda, demandar ao resto
dos Concellos e á Consellería de Medio Ambiente
que promovan a elaboración e a utilización de
compost.
A FEG non apoia o sistema de tratamento do
lixo de SOGAMA SA, entre outras razóns porque este
sistema rexeita totalmente a compostaxe e reserva un papel
moi modesto á reciclaxe. SOGAMA SA entende a xestión
do lixo como un negocio, polo que prefire queimar toda a materia
orgánica para producir electricidade. SOGAMA SA, empresa
formada pola Xunta e por Unión Fenosa, non vai reciclar
todo o lixo reciclábel.
Os expertos independentes sosteñen que
o compost elaborado a partir da materia orgánica do
lixo recollida selectivamente sería de grande utilidade
para moitos solos galegos (agrícolas, degradados por
actividades diversas,...). Aínda que toda a materia
orgánica do lixo galego se empregase para elaborar
compost, só se cobrirían unha mínima
parte das necesidades de materia orgánica dos nosos
solos.
|